Veciñanza das cidades e do rural marcha xunta en Ferrol contra o espolio enerxético
26/11/2023
Centos de persoas marcharon este domingo polas rúas de Ferrol para denunciar o espolio eólico planificado na Galiza, tanto na terra como no mar. Convocadas polo colectivo Vento Mareiro, manifestantes das cidades e do rural denunciaron a destrución dos ecosistemas mariños e terrestres que permiten a vida dos pobos pesqueiros e do mundo rural galego só para beneficio das grandes empresas do oligopolio enerxético e especuladores extranxeiros.
Comunicado (PDF)