AS CIDADES E O RURAL XUNTAS CONTRA O CAPITAL


100%x180

Historia do espolio eólico na Galiza

1987

Endesa e a Xunta constroen o primeiro parque eólico, foi en Estaca de Bares con 12 muíños.
Sae o PP da Xunta e entra o tripartito PSOE, CG e PNG.

1988

Establécese o primeiro Mapa Eólico da Galiza

1990

Volta o PP á Xunta

1995

A Xunta aproba o decreto 205/95 que regula as autorizacións dos proxectos de aproveitamento eólico e vincúlaos co desenvolvemento de plans industriais.

1997

A Xunta aproba o Plano Sectorial Eólico que proxecta as correspondentes áreas de investigación eólica -na actualidade áreas de desenvolvemento eólico- por todo o territorio galego. Estas áreas son repartidas entre unha ducia de promotores, a meirande parte compañías foráneas.
O governo estatal do PP aproba a Lei 54/1997 do Sector Eléctrico, na cal as enerxías renovábeis reciben un grande impulso sendo primadas e cun tratamento económico especial.

2000

A estas alturas a eólica é xa un grande negocio, impulsado polas primas. Chegan à Consellaria de Industria solicitudes de empresas, concellos, e conseguidores de todo tipo que procuran autorizacións para instalar muíños nos montes galegos. En poucos anos desencadease un processo especulativo que xera movementos de diñeiro por máis de 2.000 millóns de euros, unha quinta parte do orzamento da Xunta.

2001

A Xunta aproba o decreto 302/2001 que regula o aproveitamento da enerxía eólica na Galiza e aposta polo desenvolvemento de parques eólicos ligados a grandes empresas privadas, a maioría multinacionais, mediante a figura dos Planos Eólicos Empresariais ou Estratégicos. Tamén se crea a figura dos Parques Eólicos Singulares, que posibilita a propriedade pública municipal de pequenas centrais eólicas limitando a súa potencia máxima a 3 Mw, fronte aos 50 Mw de limite para as empresas.

2002

Xunta procede á modificación do Plano Sectorial Eólico para afianzar o seu desenvolvemento en plena explosión do negocio.
Neste tempo están en tramitación con Europa as propostas da creación dos Espazos Naturais Protexidos dentro da Rede Natura.

2004

Chega a festa da especulación. Entre as adxudicatarias hai empresas creadas só dous meses antes de obter as concesións e constituídas com 3.000 € de capital, pese a que os permisos comprometen desembolsos de máis de 70 millóns. Moitos fan o grande negocio, con pouco capital, ao vender as súas concesións.
Concédense máis de 4.000 Mw eólicos e a metade son vendidos, en forma de autorización, antes de chantar un só muíño no monte. Hai casos de parques que cambian até tres veces de mans, triplicando cada vez o seu valor no mercado.

2004-2006

Apróbase, desde Europa, a integración dos espazos naturais protexidos da Rede Natura propostos pola Xunta que, até a actualidade, non supera o 12 % do total do territorio galego, ao rabo na protección ambiental a nivel estatal, onde a media está preto do 30% e cando Galiza é a terceira Comunidade Autónoma do Estado con maior presenza de habitats de interese comunitario e de fauna e flora salvaxe.

2005

Chega á Xunta o Bipartito PSOE-BNG. Do “non cabe um muíño máis” a ser o proxecto estrela de Industria.

2006

O goberno estatal do PSOE aproba a Lei 9/2006 sobre Avaliación dos Efectos de Determinados Planos e Programas no Medio ambiente, mais a Xunta decide non implementalo ao Plano Sectorial Eólico para evitar o trámite da Avaliación do Impacto Ambiental.

2007

A Xunta do bipartito aproba o Decreto Eólico 242/2007 polo cal os parques subástanse nun concurso de méritos, onde a participación pública é um requisito puntuábel, mais é voluntario. Este decreto derroga a figura dos Parques Eólicos Singulares.

2008

A Xunta do bipartito crea un concurso eólico cunha potencia de 2.325 Mw, con plans de dinamización industrial e sen tocar a Rede Natura. Mais os parques eólicos cercan as Serras do Courel, Ancares e Xistral, invadindo esta.
En pouco máis dunha década, primeiro con gobernos do PP e despois co bipartito PSOE-BNG, desenvólvense a maioría dos proxectos, ao redor de 150 parques eólicos e de 4.000 aeroxeradores coas súas pistas de acceso, plataformas de montaxe, subestaciónss e liñas de evacuación eléctrica, cun grande e irreversíbel impacto na paisaxe e no medio, afectando a núcleos de poboación, en especial nas áreas da Mariña luguesa, da Costa da Morte e da Dorsal Galega.

2009

Volve o PP ao goberno da Xunta e derroga o concurso eólico do bipartito. Aproba a lei 8/2009 que regula o aproveitamento eólico, creándose o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, un tributo para gravar a xeración de enerxía eólica.

2010

O PP Aproba o seu Plano Eólico para o desenvolvemento de 90 novos parques eólicos. Neste concurso é cando comezan a estar ameazadas novas áreas do territorio como por exemplo o entorno das Rias Baixas coa entrada dos proxectos dos parques eólicos do Castrove, no Salnés, de Pedras Negras, no Morrazo, e do Galiñeiro, na área de Vigo e o Val Miñor, que se suman a outros xa existentes como os da Serra da Groba.

2013

O governo estatal do PP aprova a Lei 24/2013 do Sector Elétrico, na que desaparece o tratamento especial que recebiam as renováveis na Lei anterior. E otorgase-lhe à administraçom do estado as competências sobre as Instalaçons de produçom de energia elétrica superior a 50 Mw e também as Instalaçons de produçom ubicadas no mar territorial.

2017

A Xunta aprova a Lei 5/2017 de Fomento da Implantaçom de Iniciativas Empresariais, alcunhada socialmente como a “Lei da depredaçom” com o fim de acelerar a tramitaçom para a implantaçom de novos parques eólicos e projetos empresariais, eliminando tempos que serviam para preparar alegaçons polas partes afetadas, diminuindo ainda mais a participaçom cidadam na toma de decisons. Recúrtase até a metade os prazos de informaçom e alegaçom pública.
Ademais suprímese a obrigatoriedade de justificar os processos de expropiaçom das terras devido à “Utilidade Pública” dos parques eólicos.
A conivência entre a Xunta e o oligopolio elétrico, queda reflejada em esta Lei, clave para a implantaçom eólica nos quatro pontos cardinais da Galiza. Deixa-se o território totalmente em maos das empresas privadas do sector por riba da propriedade comunal ou privada e dos usos tradicionais florestal, agrograndeiro, social, cultural e de lecer.

2021

A Xunta aproba a Lei 9/2021 de Simplificación Administrativa e de Apoio á Reactivación Económica, que permite a proxección eólica incluso fóra das áreas de desenvolvemento programadas no Plan Sectorial Eólico, polo que practicamente calquera área do territorio é susceptíbel de acoller dita proxección no seu seo.
Nos últimos anos aparece unha grande cantidade de novos proxectos por todo o territorio galego dentro da segunda vaga, despois da acontecida entre finais dos noventa e finais da primeira década deste século.

2022

A partir de xaneiro, e durante ano e medio, a Xunta declara unha moratoria á tramitación de novos proxectos eólicos na Galiza, mais utilizando como excepción o seu “interese social e económico”. Entretanto utilizan a moratoria para tramitar 275 expedientes que suman 7.200 Mw.
Em abril, no parlamento do estado, convalídase cos votos a favor de BNG e Unidas Podemos o R.D.L. 6/2022 relacionado coa guerra de Ucraína que simplifican, aínda máis, os procesos de tramitación para os proxectos de enerxías renovábeis. Evitan a Avaliación do Impacto Ambiental, podéndose acoller as empresas, a un procedemento expreso. Reducen os prazos de exposición pública e eliminan ou dificultan a presentación de emendas por parte da cidadanía.

Nos últimos anos

O goberno estatal PSOE-Unidas Podemos tramita un aluvión de proxectos na Galiza, tanto na superficie continental como na marítima. Estes proxectos son os máis grandes da Galiza xa que o estado só ten competencia nos proxectos eólicos que superen os 50 Mw.
O goberno da Xunta mentres tramita multitude de parques está, de xeito contraditorio e demagogo, a informar desfavorabelmente algúns dos proxectos que tramita o goberno do Estado na Galiza.

Conclusión

Desde hai máis de dúas décadas, gobernos da Xunta e do Estado con distintas siglas políticas, deseñan un modelo enerxético a medida dos intereses económicos especulativos das grandes compañías do sector enerxético, do sector financeiro e de empresas oportunistas, por riba dos intereses sociais, culturais, ambientais e das economías tradicionais da poboación.
Galiza é excedente desde hai anos en produción de electricidade, a maioria eólica e hidroelétrica. Parte desta é exportada fóra do noso territorio e parte pérdese no seu transporte. Superamos o ratio de potencia eólica instalada por quilómetro cadrado que recomenda Europa ata o ano 2030.
As infraestruturas para producir enerxía eléctrica e transportala son cada vez de maiores dimensións polo que aumenta o seu impacto e a sua pegada social, económica e ecolóxica.
Polo tanto na Galiza non cabe a instalación de máis parques eólicos nin un só aeroxerador máis, nin en terra nin no mar.
Ante a grande aparición de proxectos eólicos por todo o territorio galego, a enorme presión económica e mediática, e o submetimento dos gobernos aos intereses empresariais, a única forma de parar esta desfeita é a mobilización social continuada na defensa dos nosos montes e mares.
100%x180

A legalización do depredamento

Dende o ano 2020 Galiza está sendo obxecto da solicitude compulsiva de autorizacións de parques industriais eólicos, suscitando unha crecente preocupación social e un incremento exponencial do número de persoas directamente ameazadas polas expropiacións de terras e vivendas, e o deterioro irreversíbel do seu entorno de vida.

Esta situación de presión territorial insostíbel foi provocada principalmente polas manipulacións lexislativas operadas durante anos dende a Xunta de Galicia polo Partido Popular e, nestes últimos meses, dende o Goberno do Estado polo Partido Socialista e Unidas Podemos. A mesma dirección está a seguir a Unión Europea (UE). 

XUNTA DE GALICIA

O Informe da Comisión Técnica Temporal Sobre Enerxía Eólica e Paisaxes Culturais en Galicia elaborado polo Consello da Cultura Galega (CCG, 2021) contextualiza esta situación nunha terceira fase de desenvolvemento eólico iniciada no ano 2018, caracterizada pola consolidación da liberalización da enerxía eólica na Galiza.

1) Esta fase desátase por mor da aprobación da primeira das “leis de depredación” da Xunta de Galicia do goberno Feijoo (PPdG): a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia -que modificou a Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental-, a través da cal desaparecen as convocatorias anuais de potencia para instalar, esfúmanse os criterios sociais e económicos como determinantes para a decisión de a quen asignar nova potencia e deséñase un mecanismo liberalizador que garante o inicio do procedemento administrativo de admisión e autorización sen necesidade de ofrecer ningunha contrapartida socioeconómica á sociedade galega (CCG, 2021).

2) Tamén nesta mesma altura, a través dunha modificación realizada pola Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, o PpdG inventa a declaración de “iniciativas empresariais prioritarias”, reducindo á metade os prazos establecidos para o procedemento ordinario deste tipo de polígonos industriais eólicos, que pasan a estar en exposición pública unicamente 15 días, tanto para autorización previa como para avaliación ambiental (CCG, 2021).  
A redución de tempos de exposición dos proxectos de 30 a 15 días -irregular dende o propio momento da súa aprobación habida conta de que contradecía o estipulado na Directiva Europea de Medioambiente-, conta xa con sentenzas xudiciais que consolidan a súa ilegalidade –a Xunta de Galicia tamén foi recentemente apercibida dende os tribunais por externalizar avaliacións de impacto a empresas privadas-.

3) Ámbalas dúas modificacións lexislativas, aprobadas ca maioría absoluta do PpdG na Xunta de Galicia, provocaron un aumento da solicitude de polígonos no ano 2019, acadando a desproporcionada voráxine actual impulsados por unha segunda modificación da Lei 8/2009 por medio da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, que fronte á obriga de “implantar os parques eólicos dentro das áreas incluídas no Plan sectorial eólico de Galicia”, establece que todas as terras rústicas de Galicia sobre as que non exista figura de protección ambiental poderán albergar parques eólicos, incentivando que os promotores busquen posicións libres para asentar novas infraestruturas eólicas (CCG, 2021).

GOBERNO DO ESTADO

Esta tendencia á elaboración de lexislación ad hoc para limitar os dereitos de participación social, principio de precaución e salvagarda do medio ambiente acadou dimensión estatal en marzo do presente ano, cando empregando como desculpa a guerra na Ucraína o Goberno de España incluíu nos Artigos 6 e 7 do Real Decreto-ley/2022, de 29 de marzo, por el que se adoptan medidas urgentes en el marco del Plan Nacional de respuesta a las consecuencias económicas y sociales de la guerra en Ucrania  a simplificación extrema das avaliacións de impacto ambiental, procurando eliminar a posibilidade de que a cidadanía presente alegacións aos informes de impacto medioambiental e reducindo á metade os prazos para poder presentar alegacións aos proxectos no seu conxunto, até o dagora o único xeito de defendérmonos da invasión eólica dialogando ca Administración.

O Artigo 6 do RDL 6/2022, referido ao procedemento de determinación de afección ambiental para proxectos de enerxías renovábeis, establece que algúns destes “no estarán sujetos a una evaluación ambiental en los términos regulados en la Ley 21/2013, de 9 de diciembre”, xa que “a la vista de la documentación, el órgano ambiental analizará si el proyecto producirá, previsiblemente, efectos adversos significativos sobre el medio ambiente, y elaborará una propuesta de informe de determinación de afección ambiental, que remitirá al órgano competente en materia de medio ambiente, el cual dispondrá de un plazo de diez días para formular observaciones. Transcurrido dicho plazo, la falta de respuesta se considerará como aceptación del contenido de la propuesta de informe a efectos de proseguir las actuaciones”.

Indica así mesmo que “el informe de determinación de afección ambiental será publicado en la página web del órgano ambiental y será objeto de anuncio por parte de dicho órgano en el “Boletín Oficial del Estado”, pero non  para presentar alegacións, xa que “el informe de determinación de afección ambiental no será objeto de recurso alguno” -agás se se actúa pola vía administrativa ou xudicial fronte ao acto de autorización do proxecto no seu conxunto-.

É dicir, OS ESTUDOS DE IMPACTO ASOCIADOS A ESTES POLÍGONOS INDUSTRIAIS SERÁN INDA MENOS EXHAUSTIVOS E  NON SE LLES PODERÁN PRESENTAR ALEGACIÓNS.

O Artigo 7 do RDL 6/2022, pola súa banda, é empregado por completo para simplificar os procesos de autorización de polígonos industriais de enerxías renovábeis, unificando varios trámites e reducindo á metade os seus tempos de xestión. Ademais -ao igual que fixera o Partido Popular de Galicia ca Lei 3/2018-, a través  do Artigo 7 do RDL 6/2022: “El trámite de información pública regulado en los artículos 125 y 126 del Real Decreto 1955/2000, de 1 de diciembre, se realizará simultáneamente con el previsto en el apartado a) y sus plazos quedan reducidos a la mitad”, é dicir, menos tempo para que a poboación se entere de que saíu publicado un proxecto, poda lelo no seu conxunto, entendelo, elaborar as alegacións e presentalas.
 
Votaron a favor do RDL6/2022 o PSOE, o Grupo Parlamentario Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común, algúns/has deputados/as do Grupo Plural -incluído o representante do Bloque Nacionalista Galego (BNG)-, o Grupo Parlamentario Vasco (EAJ-PNV), o Grupo Parlamentario Euskal Herria Bildu e algunhas deputadas do Grupo Parlamentario Mixto. Aprobouse por pouco. O resultado final foron 176 votos a favor, 172 en contra e 1 abstención.

Neste RDL6/2022 incluíanse medidas moi diversas, algunhas de sensible calado social, con posíbeis réditos electorais, polo que a súa votación estivo marcada por cuestións de estratexia política. Dos partidos que se opuxeron ao texto non cabe inferir que sexan contrarios aos contidos dos Artigos 6 e 7 do mesmo.

A presión de colectivos sociais organizados a nivel de todo o Estado, entre os que destaca o impulso de varios colectivos galegos, conseguiu que os partidos políticos acordaran a posterior tramitación deste RDL pola vía de urxencia, abrindo a posibilidade de que se podan votar emendas de supresión.

Esta foi unha “concesión” política ante a indignación da cidadanía, pero o certo é que, dende entón, sucesivas ampliacións do prazo de emendas -inda vixente en setembro- permiten, de facto, que na Galiza se haxa xa 8 proxectos en tramitación aproveitándose do trámite de simplificación de avaliación ambiental, entre eles o polígono solar fotovoltaico “A Gudiña solar”.

Os Artigos 6 e 7 do RDL 6/2022 foron lixeiramente modificados tres meses despois a través do Real Decreto-ley 11/2022, de 25 de junio, por el que se adoptan y se prorrogan determinadas medidas para responder a las consecuencias económicas y sociales de la guerra en Ucrania, para hacer frente a situaciones de vulnerabilidad social y económica, y social de la isla de la Palma, sen afectar ao impacto de fondo das súa medidas.

O Artigo 6e) engadíu que o informe de determinación de afección ambiental debería ser anunciado no BOE -non só publicado na web do órgano ambiental e notificado ao promotor e órgano sustantivo-.

O Artigo 6c) excluíu ás zonas consideradas de sensibilidade moderada segundo a “Zonificación ambiental para la implantación de energías renovables” elaborada polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico -que de “recomendación” ás empresas pasa a rango de lei a través da súa publicación no RDL6/2022, sen proceso de consulta pública-, pero segue sen atender aos criteiros a seguir para a determinación da avaliación medioambiental recollidos na Ley 21/2013, de 9 de diciembre de Evaluación Ambiental. Estes parámetros aluden ás características dos proxectos, entre elas á acumulación con outros existentes ou aprobados, polo que obvialos facilita que macropolígonos industriais presentados de xeito fraccionado se poidan beneficiar do procedemento acelerado de determinación da afección ambiental.

O Artigo 7c), pola súa banda, segue dificultando a participación social mantendo a reducción á metade de tempo do trámite de información pública, pero engadindo que durante ese trámite “se podrán realizar las observaciones de carácter medioambiental que procedan”.

Sen embargo, dende o punto de vista xurídico, esta engádega é supérflua e inútil. Supérflua, porque inda que non existira este engadido poderíanse facer observacións ambientais, dado que estas afectan ao proxecto e son contempladas na Ley 24/2013, de 26 de diciembre, del Sector Eléctrico. E inútil, porque estas observacións non terían efecto nin no informe de determinación de afección ambiental -que xa estaría publicado-, nin á hora de resolver sobre a autorización do proxecto, xa que o órgano sustantivo ten que ter en conta o informe de determinacións ambientais -como dispón o propio Artigo 7-, e non cabería agardar que irrogándose unhas compentencias ambientais que non ten, decidira que o proxecto é inviábel ambientalmente, polo tanto non autorizábel, nin que modificara o contido do informe de determinación de afección ambiental á vista das alegacións.

Votaron a favor do RDL11/2022 o PSOE, o PP (agás 1 abstención) o Grupo Parlamentario Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común (agás 1 abstención), algúns/has deputados/as do Grupo Plural -incluído o representante do Bloque Nacionalista Galego (BNG)-, algúns/as do Grupo Parlamentario Vasco (EAJ-PNV), algunhas do Grupo Parlamentario Euskal Herria Bildu e algunhas do Grupo Parlamentario Mixto. O resultado final foron 337 votos a favor, 2 en contra, 7 abstencións e 3 votos non emitidos.

UNIÓN EUROPEA

Na mesma liña de acelerar a implementación de polígonos industriais de produción de enerxía renovábel á costa dos dereitos de participación pública van tamén as recentes políticas europeas. O pasado 18 de maio do presente ano a Comisión Europea publicou a RECOMENDACIÓN (UE) 2022/822, sobre o aceleramento dos procedementos de concesión de permisos para os proxectos de enerxías renovábeis e a facilitación dos contratos de compra de electricidade.

No texto, malia a recoñecer a falta de aceptación pública destas fábricas de enerxía como un dos principais obstáculos para a súa implementación a nivel europeo, e mesmo admitindo que os procedementos de concesión de permisos contribúen a garantizar a seguridade e a protección dos proxectos, urxe aos Estados membro a traspoñer as lexislacións que agravan inda máis esta preocupación social, colmando de facilidades ás corporacións do oligopolio enerxético.

Cita expresamente a Directiva 2001/77/CE do Parlamento Europeo e do Consello, que esixe aos Estados membros que avalíen os procedementos de concesión de permisos a fin de reducir os obstáculos regulamentarios e non regulamentarios á produción de electricidade renovábel; a Directiva 2009/28/CE, que introduce requisitos para simplificar os procedementos administrativos para os promotores de enerxías renovábeis e a Directiva (UE) 2018/2001 que reforza estes requisitos.

Ademais, na estratexia de sinalar espazos específicos nos que privilexiar a instalación de fábricas de enerxía por riba de calquera outra actividade vital ou económica, xunto ca Recomendación (UE) 2022/822, adoptouse unha proposta lexislativa -que modifica a Directiva (UE) 2018/2001 de simplificación administrativa- urxindo aos Estados membros a “empezar lo antes posible a definir las zonas terrestres y marítimas adecuadas y a preparar planes para zonas especialmente adecuadas («zonas ineludibles de las energías renovables»), recalcando que “deben limitar al mínimo necesario las «zonas de exclusión» en las que no pueden desarrollarse las energías renovables” e apuntando que “la ordenación del espacio marítimo es una herramienta clave para definir futuras zonas para el despliegue de energías renovables” .

En ningún caso o texto considera os motivos medioambientais como argumento para a exclusión da instalación destas estruturas, advertindo que no caso de que os Estados queiran salvar algunha zona “deben proporcionar información clara y transparente, con una justificación razonada, de las restricciones relacionadas con la distancia respecto de las viviendas y las zonas de aviación militar o civil”.

De feito, a Comisión Europea quéixase na Recomendación 2022/822 de que os Estados membro deberían “racionalizar” os actuais requisitos da avaliación do impacto ambiental, propoñendo a súa simplificación integrándoa con outras avaliacións nun procedemento conxunto.

Tamén aconsella “velar por que el sacrificio o perturbación de especímenes individuales de aves silvestres y especies protegidas en virtud de la Directiva 92/43/CEE del Consejo no sea un obstáculo para el desarrollo de proyectos de energías renovables”, e propón como xogada para saltarse a Directiva 92/43/CEE que os proxectos recollan sobre o papel medidas de mitigación preventiva e adicionais, xa que “si se hace así, el sacrificio o la perturbación accidentales de especímenes individuales no deben considerarse deliberados y, por tanto, no deben entrar en el ámbito de aplicación del artículo 12, apartado 1, de la Directiva 92/43/CEE ni del artículo 5 de la Directiva 2009/147/CE del Parlamento Europeo y del Consejo”.

Resulta asemade bo exemplo de até que punto a lexislación europea está a ser elaborada a medida dos intereses das empresas promotoras de polígonos industriais de enerxía renovábel a instrución aos Estados de habilitar un punto de contacto “encargado de supervisar periódicamente los principales cuellos de botella en el proceso de concesión de permisos y de abordar los problemas a los que se enfrentan los promotores de proyectos de energías renovables”, recollida nas pautas de seguemento da Recomendación 2022/822.

A desprotección intencionada do territorio

Cal é a estratexia de instrumentalización lexislativa utilizada polo Partido Popular de Galicia para permitir esta situación en pleno século XXI? Pois como teñen denunciado varias voces, entre elas o CCG a través do  Informe da Comisión Técnica Temporal Sobre Enerxía Eólica e Paisaxes Culturais en Galicia (2021) e publicacións científicas da universidades galegas (2021), o PpdG bloquea ca súa maioría absoluta calquera posibilidade de actualización do Plan Sectorial Eólico de Galicia (PSEG), aprobado no ano 1997, xa daquela con controversia, e referido a un contexto de desenvolvemento tecnolóxico da enerxía eólica absolutamente obsoleto a tenor das estruturas empregadas polas empresas enerxéticas a día de hoxe, 25 anos despois.

Como relata o presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e científico do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) Serafín González, o Plan Eólico Estratéxico de Galicia “naceu eivado, pois non se lle facilitou a documentación completa á comisión de traballo, que só puido consultar un dos seus once volumes. Non houbo avaliación ambiental estratéxica e, para evitar a tramitación no Ministerio, os proxectos fragmentáronse para non superaren os 50 Mw de potencia instalada. A maiores, para evitar atrancos ambientais, a Xunta retrasou deliberadamente a aprobación inicial da Rede Natura 2000 [o goberno PSOE-BNG elaborou no 2008 un proxecto de ampliación, ao que logo o PPdG reducíu a cantidade de superficie protexida e mantén paralizado dende 2011], permitindo así a instalación dun bo número dos primeiros parques nos espazos de maior valor ecolóxico”  (IMG, 2022).

Tanto é así que, malia a ser pouco común a nivel europeo que os parques eólicos e as súas infraestruturas ocupen ecosistemas protexidos pola Rede Natura 2000, na Galiza é un caso moi estendido: as áreas de desenvolvemento eólico ocupan 107 mil ha das case 320 mil da Rede Natura en Galicia e, nalgúns casos, case a totalidade da Rede Natura é Área de Desenvolvement Eólico (ADE) -Brañas do Xestoso, Estaca de Bares, Monte Maior ou Xubia-Castro-. En zonas de Rede Natura o Observatorio Eólico de Galicia ten localizados máis de 1200 MW de potencia. Destaca, por riba doutros Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), a Serra do Xistral, onde se localiza máis do 50% desa potencia, 642,32 MW (CCG, 2021).

O Plan Sectorial Eólico de Galicia identifica un total de 98 áreas de investigación, as denominadas áreas de desenvolvemento eólico (ADE), e permíteo practicamente todo nestas 472.761 hectáreas.

No momento da súa realización tívose en conta unicamente cales eran as zonas con maior potencial eólico, sinalando expresamente o texto vixente que non se avalían nin sequera as posíbeis incompatibilidades entre o PSEG e outros plans e proxectos sectoriais, “xa que a amplitude das áreas incluídas nese Plan non permite esa análise”, considerando que será durante o desenvolvemento dos proxectos específicos dos parques eólicos cando se deberá xustificar esa compatibilidade.

A delimitación das áreas non considerou a existencia de valores naturais, culturais e paisaxísticos nin as súas interrelacións, limitando por exemplo o patrimonio cultural únicamente ao patrimonio arqueolóxico, ou reducindo o valor da paisaxe ao seu emprego como reclamo turístico, posicións moi afastadas polo tanto dos actuais paradigmas, conceptos e criterios establecidos na lexislación internacional e nas normativas autonómicas en relación coa paisaxe e o patrimonio cultural (CCG, 2021).

A fin de outorgar inda máis privilexios e facilidades  ás empresas eólicas para instalar os seus polígonos industriais, o Partido Popular de Galicia modificou o Apartado 4 do artigo 6i, a través da segunda lei de depredación, a Lei 9/2021 de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para ampliar ilimitadamente na práctica o case medio millón de hectáreas seleccionadas nas 98 ADEs identificadas no 1997, ficando o texto definitivo así:

4. Non poderán implantarse parques eólicos fóra das áreas incluídas no Plan sectorial eólico de Galicia, coa excepción das modificacións substanciais dos parques en funcionamento nos termos que se desenvolvan regulamentariamente, así como aqueles proxectos que teñan unha clara incidencia territorial pola súa entidade económica e social, posúan unha función vertebradora e estruturante do territorio e sexan declarados como tales polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de enerxía.
 
Xunto á negativa a actualizar o obsoleto Plan Sectorial Eólico, outra estratexia exercida polo Partido Popular de Galicia durante estas últimas décadas para someter milleiros de hectáreas de territorio galego á explotación industrial foi a deixadez de responsabilidades -e a interposición de trabas- no tocante á activación de ferramentas que terían permitido aumentar a protección legal do noso territorio.

Por exemplo, o artigo 32 da Lei 9/2021 excluíu a implantación de parques eólicos naqueles espazos naturais declarados como zonas de especial protección dos valores naturais para formar parte da Rede Natura 2000, pero o Partido Popular de Galicia mantén paralizada a ampliación da Rede Natura 2000  (CCG, 2021).

Bloqueando a súa ampliación durante máis dunha década, o Partido Popular non só conseguiu que a día de hoxe tan só un 11,74% do territorio galego estea contemplado na Rede Natura, unha das porcentaxes máis baixas a nivel estatal -cunha media do 27% (CCG, 2021)-, senón que ademais no ano 2021 había xa proxectados 30 polígonos industriais eólicos con 136 aeroxeneradores de 200 metros de altura e centos de kilómetros de pistas e liñas eléctricas precisamente nas 150.000 hectáreas que no ano 2011 a Xunta ía propor para seren incluídas na ampliación Rede Natura.

En febreiro do 2021 o Comisario Europeo de Medio Ambiente, Virginijus Sinkevicius, aclarou que este feito contradí as políticas comunitarias, xa que os Estados membros tamén deben salvagardar o interese ecolóxico dos lugares que, segundo os datos científicos baseados nos criterios do Anexo III da Directiva sobre hábitats, terían que figurar na lista estatal de lugares de importancia comunitaria (LIC), agardándose que as autoridades competentes adopten as medidas precisas para salvagardar o seu interese ecolóxico incluso antes de seren propostos polo Estado español para a súa inclusión na lista de lugares de importancia comunitaria.

Tamén a nivel do Goberno do Estado, ocupado alternativamente polo Partido Popular e o PSOE dende 1982 -agás a actual coalición PSOE-Unidas Podemos-, as formacións políticas contribuíron a esta desprotección, motivando unha investigación da Comisión Europea (EU Pilot) debido ao “posible  incumplimiento por España de la obligación de proponer suficientes lugares para la conservación de determinados tipos de hábitats y especies de interés comunitario”.

Nesta mesma liña, en marzo do 2021 o Marco de Acción Prioritaria (MAP) para Natura 2000 en Galicia -Directiva 92/43/CEE do Consello relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres- instou a ampliar a actual lista de lugares de importancia comunitaria (LIC) na Galiza, subliñando que foi considerada como insuficiente por parte de la Comisión Europea xa en maio do ano 2015, cando abriu un expediente de infracción ao Goberno de España no que chamaba a atención sobre os retrasos e a deficiente xestión que as comunidades autónomas estaban a realizar nos espacios incluidos en la Red Natura 2000. Daquela as medidas de conservación recollidas no plan galego foron consideradas demasiado vagas e indeterminadas, non ofrecendo claridade abondo na súa interpretación ao non especificar as medidas concretas que haberían de aplicarse en cada un dos lugares da RN2000.

Como avanza a invasión eólica?

Malia ás patentes eivas de transparencia e déficit no dereito ao acceso á documentación pública -violacións fragantes do Convenio de Aarhus sobre acceso á información, participación social na toma de decisións e acceso á xustiza en materia de medio ambiente- a poboación galega estase organizando e invertindo tempo e recursos en elaborar e difundir as verdadeiras dimensións da invasión eólica.

A principios do presente ano o  Informe Macroeólicos Galicia (IMG, 2022), realizado pola Asociación Rural Contemporánea e o Grupo de Mapas da Plataforma veciñal MonferoDiNon, no que colaboraron outras plataformas veciñais como Afectad@s de Paderne, Aire Limpo nas Mariñas Mandeo, Asociación A-Legre, Ortegal Di Non, e outros colectivos, comunidades de veciños/as e persoas a título individual, proporcionou os seguintes datos:

    • O 85,36% dos aeroxeradores construídos ou proxectados, o 81,44 % da superfície das poligonais industriais e o 81,14% das LAATS están construídas ou proxectadas sobre concellos de menos de 5.000 habitantes
    • 4.397 lugares identificados como “Entidades Singulares”, as nosas aldeas, quedan dentro de poligonais industriais
    • 330.831 vivendas quedarían a menos de 2km dun aeroxerador, das cales 13.122 estarían a menos de 500m dun aeroxerador
    • 106.878 vivendas quedarían dentro de poligonais industriais, e 452.340 vivendas  a menos de 2 km de poligonais industriais
    • 7.992 aeroxeradores quedarían a menos de 1 km da Zona de Policía de Cauces hídricos e o 15,5 % de superficie de Zona de Policía de Cauces quedarían dentro de poligonais industriais
    • 3.288 aeroxeradores quedarían dentro da superficie de pastos e 184 dentro da superficie de terras de cultivo. Ademais, o 11,5 % da superficie de terras de cultivo de Galicia quedaría dentro de poligonais industriais
    • 1.942 aeroxeradores quedarían dentro de Reservas da Biosfera e o 25,68 % da superficie das Reservas da Biosfera de Galicia quedaría dentro de poligonais industriais, afectando unha superficie de 132.825,86 ha.
    • 2.522 aeroxeradores quedarían dentro das superficies vinculadas a Rede Natura 2000, e o 29,6 % do total das superficies vinculadas á RNat2000 quedarían a menos de 2 km de poligonais industriais, afectando unha superficie de 481.208 ha.  
    • 3.519 aeroxeradores quedarían dentro dos Montes Veciñais en Man Común (MVMC)  e o 19,2% da superficie dos mesmos quedaría dentro de poligonais industriais
    • 7.871 aeroxeradores quedarían dentro da superficie forestal de Galicia e o 18 % da superficie forestal galega estaría dentro de poligonais industriais, afectando 203.216,64 ha
    • 2.072 Elementos de Patrimonio Cultural quedaría a menos de cincocentos metros dun aeroxerador. 5.494 Elementos de Patrimonio Cultural catalogados e o 16,21 % da superficie das Comarcas e Grandes Áreas Paisaxísticas de Galicia quedarían dentro de poligonais industriais
    • O 21,35% do territorio das áreas prioritarias avifauna quedaría dentro de poligonais industriais eólicas
    • O 21,73 % da superficie do Camiño de Santiago e áreas vinculadas quedaría a menos de 2 km dun aeroxerador.

Cantos polígonos industriais eólicos hai na Galiza?

Nin a Xunta de Galicia, nin o Goberno do Estado nin a Unión Europea amosan interese por aclarar a realidade da invasión eólica.
 
Como sinala o  Informe da Comisión Técnica Temporal Sobre Enerxía Eólica e Paisaxes Culturais en Galicia do Consello da Cultura Galega (2021), a cuantificación do número solicitudes non é transparente, caracterizándose por unha deficiente coordenación entre as administracións galega e estatal, ao que se engade a imposibilidade de acceder a unha información oficial completa nas páxinas da Xunta de Galicia (CCG, 2021). Ademais, nalgúns dos proxectos presentados, as organizacións sociais que están facendo seguemento da invasión eólica teñen detectado diferenzas entre o número de aeroxeradores sinalado no texto publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e os que se recollen nas táboas de coordenadas e planos.

Baseándose en datos do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), o informe do CCG recolle que a finais do 2021 había instalados na Galiza 3.867 MW de potencia distribuídos en 176 polígonos industriais eólicos, ubicados en 121 dos 313 concellos galegos, situándose 46 na Coruña, 36 en Lugo, 19 en Ourense e 20 en Pontevedra.

Sen embargo as estimacións da Xunta de Galicia para o ano 2020 recollidas na web da patronal do sector -a Asociación Eólica de Galicia (AEG)-, eran de 186 polígonos e 3.922MW, se ben un recente estudo encargado pola propia AEG contabiliza, a xuño do 2022, 180 polígonos instalados e unha potencia total de 3.802MW.

O Rexistro Eólico de Galicia, dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, citando datos de outubro do 2021, contabilizaba 231 polígonos autorizados, en funcionamento ou en obras, e 135 en trámites previos. Segundo estes datos, en máis do 60% do total de concellos galegos -189 de 313- acabaría habendo un aeroxerador (CCG, 2021).

Nesas mesmas datas, un medio de comunicación, citando como fonte ao conselleiro de Economía Francisco Conde, afirmou o 20 de outubro do 2021 que estaban admitidos a trámite 7.200 MW, distribuídos en 275 polígonos. Destes 7.200 MW, estarían nese momento autorizados 640 MW e outros 1.733 MW terían superado a fase de información pública, paso previo á declaración de impacto ambiental que autorice ou non a obra. Esta potencia en tramitación é case o dobre da actualmente instalada, uns 4.000 megavatios dos 185 parques en funcionamento, segundo a mesma noticia (CCG, 2021).

Nesta peza informativa, titulada “La Xunta no admitirá nuevos parques eólicos durante año y medio”, o Conselleiro Francisco Conde tentou disuadir a crecente mobilización social anunciando unha moratoria eólica a aplicar entre o 1 de xaneiro do 2022 e o 1 de xullo do 2023. Nos oito primeiros meses dende a data de inicio desta falsa moratoria, 48 novos polígonos industriais eólicos saíron a tramitación por parte da Xunta de Galicia, e 8 por parte do Goberno do Estado.

No tocante aos datos de parques tramitados a nivel estatal, o Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico informa de que entre 2014 e 2021 houbo 25 polígonos (2380,725 MW) que solicitaron a posta en marcha da fase potestativa do procedemento de terminación do alcance do estudo de impacto ambiental. Entre eles atópanse dous parques eólicos mariños solicitados por Iberdrola na Galiza: Mariño Flotante San Cibrao e Mariño Flotante San Brandán, promovidos por Iberdola Renovables Galicia S.A., de 490 MW cada un (CCG, 2021).

Macropolígonos industriais eólicos e macroaeroxeradores

Canda a inxente cantidade de polígonos industriais eólicos, un dos principais motivos de preocupación da poboación directamente ameazada é o desproporcionado tamaño dos aeroxeradores de nova xeración.

A día de hoxe, máis do 77% dos aeroxeradores instalados ou autorizados teñen 55m. de altura ou menos (CCG, 2021). Sen embargo, o 85% dos que se atopan en fase de tramitación na citada terceira fase de desenvolvemento eólico duplican esta dimensión, chegando algúns a acadar os 248m -máis de tres veces a Catedral de Santiago-, con diámetros de rotor de 150m., requerindo varias decenas de metros de cementación,  secando acuíferos e impactando irreversíbelmente nos ecosistemas onde se instalan.

Estes polígonos eólicos conlevan ademais un imporante número de infraestructuras asociadas aos aeroxeradores, tales como centros de transformación, redes de media tensión, redes de alta tensión -con torretas de metal de até 60 m de altura e cunha superficie de 50m de ancho ao seu paso-, subestacións transformadoras, torres meteorolóxicas... E a súa construcción implica tamén os estragos vinculados á ampliación de vías de acceso para vehículos de transporte de grandes dimensións.

Eólica mariña

Eólica mariña: Transición ecolóxica ou destrución da pesca e ecosistemas mariños para beneficio do oligopolio eléctrico e especuladores estranxeiros ?

  • A metade dos km2 que se reservan no Estado español para montar parques eólicos no mar sitúase na placa continental de Galiza (2500 km2), abocándonos unha vez máis ao papel de territorio produtor de enerxía que non se vai consumir aquí.
  • O polígono industrial eólico NORDÉS (a 30 km de Ferrol e só 15 km de Cedeira, Pantín e Cabo Ortegal) poderase ver dende Valdoviño, San Andrés de Teixido ou Ponzos. De ser executado, os horizontes e solpores pasarán a ser propiedade privada e industrial.
  • A empresa promotora do Nordés, Blue Float Energy esta controlada por unha sociedade inversora de Houston, Texas (EEUU), e os seus principais ingresos proceden do petróleo e gas. O desenvolvemento do Nordés correrá a cargo de Acciona Energía. Canto van gañar explotando o noso mar? 2100 GW por ano a razón de 100 euros x MW: 210 millóns de euros anuais.
  • Sener e a outra empresa en consorcio con Blue Float Energy para o Nordés. Esta ubicada en Bilbao e adícase á enxeñería e investigación en sectores como as refinerías de petróleo, terminais de gas licuado  e tamén sistemas de control de drons, avións de guerra, ou tecnoloxía aeroespacial, con consorcios diversos co Ministerio de Defensa.
  • Un sector sustentable como a pesca que xera miles de postos de traballo e unha riqueza biolóxica como a dos nosos mares (só entre Galiza e Asturias máis de 300 caladoiros de pesca), non pode ser obxecto de sacrificio para o beneficio de grandes multinacionais que ven nos nosos mares un territorio para especular coa enerxía, maquillando o seu negocio de “verde”.
  • A planificación da eólica mariña actual “coincide” con áreas nas que Bruxelas limitou previamente as cotas pesqueiras, eliminando “estorbos” aos seus plans de produción enerxética. O “Plan de Ordenación del Espacio Marítimo” do Ministerio de Transición ecolóxica permite instalar polígonos eólicos sobre caladoiros da pesca tradicional.
  • Os tensores e ancoraxes das plataformas de eólica impiden o transito de barcos e artes de pesca. Xa temos a experiencia de Viana do Castelo, onde o sector pesqueiro viu minguar as capturas e desaparecer especies na zona onde EDP e REPSOL instalaron tres aeroxeradores. O polígono industrial eólico Nordés,  tería un total de 80 turbinas e 2 subestacións flotantes, e chegaría a ocupar ata 268km2.
  • Estes mesmos sistemas obstaculizan e poden ferir a grandes cetáceos, que xunto a toda a fauna mariña sufrirán o efecto dos campos electromagnéticos das liñas subacuáticas de evacuación eléctrica.
  • Estas liñas, unha vez toquen terra van sumarse a redes de alta e moi alta tensión que farán corredores de ata 100 m de ancho e que tronzarán aldeas, leiras e paisaxe.
  • Parques eólicos como o “Nordés” están situados no medio do Corredor Atlántico de migración de aves, que é un dos máis importantes do mundo, podendo afectar a máis dun millón destes animais.
  • Cos últimos cambios lexislativos moitos destes proxectos non precisan de informes de impacto ambiental, ademais de contar con procedementos simplificados e orde de aceleramento administrativo na súa tramitación. Agasallo perfecto para empresas, de fóra na súa maioría, que queiran construír sen impedimentos o que noutros lugares non poden.
  • Fronte a estas ameazas, demandamos a paralización de tódolos polígonos eólicos actualmente en tramitación, así como un plan público de redeseño do consumo enerxético con perspectiva decrecentista, garantindo a soberanía enerxética do pobo galego en base a comunidades de enerxías renovábeis combinadas co obxectivo de limitar o impacto destas instalacións, que protexa a propiedade social dos bens comúns e impida a súa privatización.

Galiza: zona de sacrificio

Logo da súa fonda e detallada análise, o Informe Macroeólicos Galicia (IMG, 2021) advertiu a principios do presente ano que a planificación administrativa da invasión eólica revela a clasificación do rural galego como “zona de sacrificio” medioambiental, termo empregado nas políticas de desenvolvemento dende a década dos setenta para identificar comunidades nas que se concentran actividades industriais de extremas consecuencias negativas para a poboación e os ecosistemas.

“As áreas que se deciden sacrificar -salienta o IMG- están marcadas de maneira previa por ser maioritariamente poboadas por grupos non dominantes, indíxenas, minorizados, empobrecidos ou invisibilizados(...) No caso da Galiza o 85,36 % dos aeroxeradores construídos ou proxectados están situados en concellos de menos de 5.000 habitantes e teríamos 4.836 muiños en concellos de menos de 2.000 habitantes. Son comunidades marcadamente rurais, de rendas baixo a media, articuladas en base ás actividades agrarias e que sofren dun declive demográfico estrutural” (IMG, 2021).

De feito, só con engadir entre as actividades profesionais ao precarizado sector servizos e ao cada día máis menguado sector industrial, Galiza no seu conxunto entra maioritariamente en parámetros de despoboamento e rendas baixas/medias...

Estas áreas arrasadas no desenvolvemento capitalista están ademais directamente vinculadas ás formas de vida inherentes a cada territorio, non tratándose somentes dunha disputa polos “recursos naturais”, senón dun ataque frontal aos bens comúns, ao modo de vida, ao patrimonio natural e cultural, presente e futuro, desa comunidade. No caso galego, o 19,2% de superficie dos Montes Veciñais en Man Común quedarían dentro de polígonos industriais, e tamén o 11,5 % da nosa superficie de terras de cultivo.

Mexan por nós e din que chove

1 A Enerxía como negocio. Esta invasión de proxectos enerxéticos que pretenden implantar na Galiza basease nun modelo deseñado a medida das grandes compañías eléctricas e da especulación financieira, entrando no xogo empresas oportunistas que nada tiñan a ver até agora coa enerxía eólica. (En Mallorca non hai ningún parque eólico, mas hai 190 empresas vinculadas co sector). A meirande parte dos 140.000 millóns de euros dos fondos europeus Next Generation serán entregados ás empresas enerxéticas para que amplíen o seu negocio. Por riba, as políticas do PP e do PSOE, deseñaron no Estado, en complicidade coas compañías transnacionais do sector, un sistema eléctrico liberado que favorece a fraude, a especulación, e a espoliación do erario público. Producíndose unha xestión da enerxía opaca, antidemocrática, ineficiente e insustentábel. Foméntase a produción desproporcionada de enerxía eólica como negocio especulativo das grandes corporacións en vez de ser un servizo para a poboación, que garanta o acceso universal ao subministro eléctrico e que sexa xestionado por organismos públicos para atinxir as demandas do país, para acadar a soberanía enerxética.

2 O cambio climático como excusa. As mesmas compañías que se lucraban coas centrais térmicas contaminando gravemente a atmosfera, xustifican agora os seus investimentos coa loita contra o cambio climático e a descarbonización.

3 Invasión de proxectos. Na Galiza hai mais eólicos instalados que na metade do Estado. Pretenden sacrificar Galiza para que outros lugares, onde existe unha grande demanda enerxética fiquen sen tocar. Cando o lóxico é que a enerxía se produza perto de onde se consome.

Galiza está no cuarto lugar dentro do estado em produción de enerxía renovábel. En troques, as comunidades que máis consomen están á cola de produción de enerxía eléctrica. Madrid, por exemplo, está de penúltima, só diante de Ceura e despois de Melilla. Por este camiño máis do 25% da enerxía producida na Galiza irá cara fóra, estando o 98% desta produción en mans privadas.

En 2019 había 180 parques a funcionar. O obxectivo para o decenio 2020-2030 é de instalar máis do duplo da potencia instalada até de agora. O consumo de Galiza está cuberto só coa enerxía renovábel producida hoxe en día.

4 Dimensión das novas estruturas. Os novos parques proxectados son de dimensións moito maiores que os existentes até agora, o que agrava todos os impactos. Por exemplo, na Grova proxectáronse muíños con aspas de 81,5 m. de lonxitude, que fan un diámetro de xiro de 163 m, cun mastro de 148 m e que dan unha altura total de 229,5 m. Tendo en conta que a altura dos piares da ponte de Rande som 128 m. estes muíños serían case o duplo en altura, ou tomando como referencia a catedral de Compostela que tem 75 m de alto, estes muíños serían máis de tres veces esa altura. Hai muíños proxectados aínda maiores que chegan aos 248 m.

5 Proxectos asociados aos parques eólicos Aparecen proxectos de grande impacto como o da central hidroeléctrica no alto da Grova bombeando auga do mar coos excedentes de enerxía dos parques. Para este proxecto sería preciso facer un encoro de 400.000 m2 de superficie. Algúns proxectos, como tamén na Grova, inclúen unha fábrica de formigón de 10.000 m2 no alto da serra.

6 Incumplimentos da legalidade. A xunta permite que se incumpla a Lei, aceptando proxetos de parques eólicos fraccionados de xeito fraudulento. O Tribunal Supremo fixo firme unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia onde recolle que existen numerosos exemplos de fragmentación fraudulenta de proxectos de enerxía eólica na Galiza. As subestacións tramítanse por separado cando son indispensábeis para a evacuación, o que tamén é fraccionar. A Xunta autoriza parques eólicos que a xustiza declara ilegais.

7 Impactos nas economías locais O desenvolvemento da eólica mariña vai restrinxir a actividade pesqueira. Tamén vanse ver afectadas o 11,5 % das terras de cultivo, e moita superficie forestal. O 19,2% de superficie dos Montes Veciñais en Man Común ficarían dentro de polígonos industriais.

8 Impactos sobre a Rede Natura. As Áreas de Desenvolvemento Eólico ocupan 107.000 Ha da Rede Natura. Esta planificación enerxética fai inviábel caalquera ampliación da mesma. De levarse a cabo este desenvolvemento eólico levaría por diante os recursos patrimoniais e paisaxísticos do entorno dunha morea de espazos naturais da Rede Natura.

9 Impacto paisaxístico A instalación de parques eólicos, tanto terrestres como mariños ten un grande impacto paisaxístico, tanto polos parques en si, como polas subestacións eléctricas, as redes de evacuación da enerxía ou as amplas pistas para que poidan subir os grandes camións cos compoñentes dos muíños. O impacto visual dun parque eólico chega a uns quince quilómetros, á redonda. Na Xunta reducen ao ridículo o ordenamento e a protección paisaxística.

10 Impactos sobre o solo. A construción de polígonos eólicos provoca grandes agresións irreversíbeis ao medio natural como son a realización de grandes explanadas (necesítase 6.500 m2 de superficie para montar un só generador, como referencia a Praza do Obradoiro ten 6.200 m2), enormes cimentacións de ferro e formigón onde ancorar os muíños, voluminosos movementos de terras, para acondicionamento de pistas e construción de novas vías, construción de subestacións e casetas de control e desenvolvemento e reforzo da rede eléctrica con novos trazados. Os movementos de terra danan a estrutura do solo e provocan erosión. A miúdo prodúcense derrames dos aceites lubricantes necesarios para o mantemento dos aeroxeradores, provocando a contaminación do solo.

11 Impactos sobre o patrimonio cultural Prodúcense graves danos sobre o patrimonio cultural, histórico e arqueolóxico. Este impacto ocasiónase principalmente durante a fase das obras, deteriorando ou destruíndo xacementos de grande valor.

12 Impactos sobre a calidade de vida da poboación próxima. O efecto sombra intermitente provocado polas aspas en movemento, os claros e reflexos provocados pola incidencia da luz solar sobre os muíños, o ruído producido tanto polo fluxo do vento sobre as aspas, como o debido aos motores e ventiladores de refrigeración, que persiste incluso cando as turbinas están paradas, provocan efectos moito molestos para a poboación do entorno. Tamén as obras necessarias para a execución das instalacións dos polígonos e os seus accesos ocasionan molestias sobre as poboacións máis próximas, polo tránsito excesivo de vehículos e de maquinaria pesada, voaduras, cortes viais, etc. Os campos electromagnéticos asociados aos polígonos eólicos teñen potenciais efeitos nocivos sobre as poboacións próximas.

13 Impacto sobre a fauna As aves e os morcegos constitúen a fauna que máis intensamente se ve afectada, tanto pola existencia e funcionamiento dos aeroxeradores como polos tendidos eléctricos anexos, O meirande impacto por mortandade prodúcese ao chocar contra as aspas. Este impacto é maior nas aves planeadoras como aguias ou buitres. Igualmente, as aves migratorias atopan un risco elevado cando voan a baixa altura co vento en contra. Cando as aspas das turbinas eólicas xiran a altas velocidades, a presión do ar arredor destas cambia e aumenta a probabilidade de que paxaros e morcegos choquen con estas. A electrocución coas liñas eléctricas tamén é importante.

14 Impacto sobre o medio hídrico. Impactos sobre as augas fluviais tras o arrastre de materiais acumulados durante a fase de obras ou pola erosión ocasionada no movemento de terras. Derrames de sustancias nocivas nos labores de limpeza e mantemento ou procedentes da maquinaria de obras, aceites, pinturas e hidrocarburos, contaminan as aguas superficiais e subterráneas. Tamén se producen desviación de cursos de auga durante a construción dos polígonos e vías de acceso.

15 Estrañas casualidades O deseño da Rede Natura deixa sen protexer moitas zonas que despois serían Áreas de Desenvolvemento Eólico. Tamén hai varios casos, como o da Grova, no que os incendios forestais arrasaron casualmente a superficie, case exacta, onde onde máis tarde se proxectaron os polígonos eólicos.


Non comemos bolachasEste site non usa nin garda "cookies".

Non comemos bolachas
Este site non usa nin garda "cookies".